Enfróntate ao desafío do Dragal!

Pasaron moitos séculos dende que os dragóns, criaturas lendarias de inmenso poder, desapareceron da nosa terra. As profecías que vaticinaban a súa volta perviviron ata os nosos días, e moi pronto, ditas profecías serán cumpridas…

A orde de Dragal, gardiáns do último dragón de Galicia, chama aos valentes que acepten superar as súas probas. Só os elexidos poderán comezar unha incrible aventura para descubrir os secredos dos dragóns.

 

Coñece o Dragal Challenge!

Presentámosche DRAGAL CHALLENGE, un emocionante concurso no que os participantes empregarán o seu enxeño para resolver misterios agochados polos rincóns da xeografía galega.

As claves do Dragal Challenge

Dragal Challenge é un concurso baseado na obra literaria de Elena Gallego Abad, onde dez equipos competirán superando unha serie de probas ao longo de 8 semanas para acadar a maior puntuación posible e entrar así no desafío final.

Para levar a cabo os retos do Dragal Challenge, os participantes empregarán Petisgo, unha plataforma de creación de contido multimedia onde compartirán as súas aventuras e propoñerán desafíos a superar polos demais participantes.

Os gañadores do concurso terán a honra de convertirse nos elexidos para dominar o poder do último dragón de Galicia, e ademais recibirán fantásticos premios!

Clasificación Dragal Challenge

Os catro clasificados para participar no desafío final son os seguintes:

  1. mariootero – 11o puntos
  2. luciuchi – 110 puntos
  3. emmaotero – 110 puntos
  4. noaac – 35 puntos
 

Moitas gracias a todas e todos por participar! Vémonos na gran final de Dragal Challenge!o

Queres participar no Dragal Challenge?

Para participar nesta épica aventura, o primeiro que debes facer é formar un equipo!

Os equipos participantes estarán formados por ata 4 membros (3 nenos ou nenas con idades entre 6 e 16 anos e un adulto).

Cando o voso equipo estea formado, tedes que grabar a vosa candidatura nun vídeo (de 3 minutos como máximo). 

É a vosa oportunidade para demostrar á Orde do Dragal que sodes dignos de parcipar no desafío. Deixade voar a vosa imaxinación! 

Enviade antes do día 5 de xaneiro a vosa candidatura cos vosos datos á seguinte dirección:

dragalchallenge@petisgo.gal

PETISGO é a plataforma de vídeo baixo demanda que cambiará a forma de ver e compartir os teus contidos favoritos.

Video

AR

Video 360º

Emite

Comparte

Comenta

Comeza en PetisGO!

Descarga xa PetisGO!